Busca no catálogo de rutas

1 km
»15 km
1 hora
»5 horas
baixa
media
alta

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

A Pontevedra heterodoxa

Dende mediados do século XIX até 1936, varias xeracións de pontevedreses prenderon a luz do librepensamento, do laicismo, dos ideais de fraternidade e xustiza social. Sempre contracorrente, a memoria destes pontevedreses non sempre foi recoñecida pola Pontevedra oficial.

Arquitectura urbana contemporanea

Este roteiro fíxose en colaboración co COAG-Pontevedra e foi conducido por Marta Guirado e Diego Germade. A ruta inclúe un percorrido por edificios contemporáneos como o Ambulatorio da Virxe Peregrina e inmobles da cidade de arquitectos como De la Sota, Xosé Bar Boo, César Portela, José Basilio Bas e José Antonio Corrales ou José Taracido Fraga.

Xardíns históricos e hortas urbanas

Este roteiro ten como obxectivo coñecer as plantas que habitan eses pequenos e grandes espazos verdes que agochan as cidades: os xardíns históricos e as hortas urbanas. Nalgúns casos trátase de antigas áreas públicas de lecer doadamente localizables polos pontevedreses, como as As Palmeiras, a Alameda ou a Praza da Ferraría.

Recantos con encanto

Descubrir algunhas fiestras cara o pasado é a proposta deste roteiro, para coñecer historias sinaladas a través de diferentes elementos. Recantos que fan dos seus encantos unha cita coa nosa esencia como colectivo, redescubrindo a nosa cidade e eses pequenas olladas que explican gran parte da nosa singularidade como pobo.

Roteiro Xoan Manuel Pintos

O paseo que se propón pola Pontevedra do século XIX farase a través dos textos de Xoán Manuel Pintos e comprende dez puntos significativos co obxectivo de presentar a figura deste persoeiro, pero tamén facer un repaso polos acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX.

Cargar máis