Xardíns históricos e hortas urbanas

Lonxitude: 2.100 m
Duración: 2 horas
Dificultade: baixa

Percorrido: roteiro para saber máis sobre as plantas que habitan eses pequenos e grandes espazos verdes que agochan as cidades. 

Este roteiro ten como obxectivo coñecer as plantas que habitan eses pequenos e grandes espazos verdes que agochan as cidades: os xardíns históricos e as hortas urbanas.

Nalgúns casos trátase de antigas áreas públicas de lecer doadamente localizables polos pontevedreses, como as As Palmeiras, a Alameda ou a Praza da Ferraría. Outros, xa sexan de carácter privado ou público, son recantos agochados á vista do público, como o xardín da antiga Delegación Provincial de Sanidade na Avenida de Vigo ou o do Café Moderno.

Uns e outros albergan tesouros verdes: árbores, arbustos, plantas de flor... que dan cor, personalidade e encanto a estes espazos urbanos. 

0.00

0 votos