Sendeiro do Lérez

Lonxitude: 5.900 m
Duración: 2 horas
Dificultade: baixa             
Coordenadas UTM: 29T X: 530.228 Y: 4.698.382

Percorrido: roteiro duns 5.900 metros de dificultade baixa, no que se poderá coñecer o diverso medio fluvial do tramo baixo do río Lérez, así como distintos medios forestais autóctonos. 

Nas ribeiras do río Lérez medra un bosque frondoso que, xunto á canle de auga, conforman a estampa fluvial máis típica da zona media dos ríos galegos. Trátase dun bosque longo que acompaña a canle de auga na maioría do seu trazado, pero que vén sendo moi estreito, alcanzando soamente a onde chega a influencia da auga freática. O ambiente sombrío, no verán e na primavera, é outra das súas características.
 
O bosque ribeirego está composto por unha gran variedade de especies de árbores de folla caduca adaptadas aos solos húmidos e frescos das marxes do río, coma o salgueiro común (Salix atrocinerea), o amieiro (Alnus glutinosa), o bidueiro (Betula alba), a abeleira (Corylus avellana) e o negrillo (Ulmus minor). Cómpre resaltar a presenza de dúas especies de freixos. O anfibio de máis fácil observación é a rá patilonga (Rana iberica), endemismo noroccidental da Península Ibérica.

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar