Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio

Lonxitude: 18.000 m
Duración: 4,5 horas
Dificultade: media
Coordenadas UTM 29T: X Mínima = 532.000, X Máxima =535.000 Y Mínima = 4.682.550, Y Máxima = 4.688.500

Percorrido: trátase dun trazado circular, que se caracteriza polo seu inicio e final na histórica ponte de Sampaio

O camiño é un vieiro para descubrir moitas construccións populares e paisaxes naturais e culturais de grande beleza. 

O itinerario fai un percorrido polos fitos de carácter ambiental (flora, fauna e habitats singulares) e cultural (toponimia, xacementos arqueolóxicos, arquitectura civil e relixiosa, enxeñería, etnografía...) máis sobranceiros de Ponte Sampaio, destacando os seus principais valores e características dende o punto de vista formal e histórico.

O roteiro ten un sentido circular, con saída e chegada á ponte romana de Ponte Sampaio. 

Descubre aquí máis información sobre o roteiro

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar