Roteiro dos Gafos

Lonxitude: 6.000 m
Duración: 2 horas
Dificultade: baixa 
Coordenadas UTM: 29T X: 529.785 Y: 4.696.667

Percorrido: roteiro duns seis quilómetros, de baixa dificultade, que percorre as beiras do río dos Gafos, tamén coñecido como Cocho ou Toxal.  

O percorrido comeza pola marxe dereita do río onde atoparemos o muíño de Cabanas e, pouco despois, a ponte Valentín, que deberemos atravesar. Pouco despois observaremos o pequeno encoro que alimenta o muíño e As Brañas, unha zona de alto interese botánico. A seguir cruzaremos a ponte Rebón. Pouco despois achegarémonos ao muíño do Toxal que, neste treito, dá nome ao río. Máis arriba atoparemos a ponte da Estrada ou dos Rocíos, a carón do regato Filgueira ou Miñoto. 

Cómpre sinalar a importancia da vexetación de ribeira que se localiza ao longo de todo o sendeiro, especialmente algúns exemplos de Prunus padus, raros nestas paisaxes. E tamén tres grandes formacións boscosas: as brañas, onde prevalecen os amieiros e salgueiros; as fragas, cun denso sotobosque, dominadas por freixos, bidueiros, chopos e salgueiros; e os soutos.

Descubre aquí máis información sobre o roteiro 

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar