Roteiro do Encoro do Pontillón do Castro


Lonxitude: 5.400 m
Duración: 2 horas
Dificultade: media
Coordenadas UTM: 29T X: 531.512 Y: 4.704.866
 
Percorrido:roteiro circular duns 5.400 metros, de dificultade media, que ten como punto de referencia O Gabián, localizada ao pé do Outeiro do Castro e próxima ao encoro do Pontillón do Castro. 

Dende o encoro do Pontillón do Castro, que se atopa a uns 150 m. de altitude, ascenderemos até os 477 do Alto da Lumieira, de xeito paralelo ao rego das Cortes. O percorrido polo contorno do encoro permitirá coñecer a fauna acuática natural asociada a esta reserva de auga e ás súas ribeiras. O espazo tamén permitirá o coñecemento da estrutura dos poboamentos castrexos.

O medio agrario actual será a base para sinalar o funcionamento do sistema tradicional de produción que mantiña un equilibrio entre os campos de cultivo e as matogueiras. Nas áreas sen masas arbóreas aparece unha matogueira de toxos (Ulex) e Calluna vulgaris, onde habitan a papuxa montesa (Sylvia undata) e a avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus).

Nas sebes que separan prados e labradíos ten os seus cazadeiros o picanzo vermello (Lanius collurio), a cotovía das árbores (Lullula arborea), a piouca (Otus scops) e o falcón (Falco subbuteo).

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar