Roteiro das Moureiras

Lonxitude: 2.000 m
Duración: 2 horas
Dificultade: baixa
 
Percorrido: roteiro polo barrio da Moureira para coñecer cómo se vivía na época na que Pontevedra era a poboación máis rica e populosa de Galicia. 

O barrio da Moureira estaba situado nos arrabaldes de Pontevedra. Tiña unha clara vocación mariñeira e o seu nome procede da salmoira empregada na salgadura da sardiña. As construcción amontoábanse caóticamente, sen ningún ordeamento e contaban con amplos espazos abertos destinados ao secado e reparación das redes. Este roteiro pretende dar a coñecer a época na que Pontevedra presumía de ser a poboación máis rica e populosa de Galicia, cos peiraos cheos de navíos, de homes e mulleres do mar.

Pero a humildade deste barrio contraponse ao máis fermoso edificio da vila: a igrexa de Santa María, construída dentro do recinto amurallado pero entornada ás xentes do arrabalde que souberon levantala. 

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar