Recantos con encanto

Lonxitude: 1.600 m
Duración: 1 hora
Dificultade: baixa

Percorrido: roteiro por Pontevedra que nos permitirá descubrir pequenas olladas que explican gran parte da nosa singularidade como pobo.

Cidade de historia e de historias, moitas delas aparecen pegadas á súa pel. Pequenos fitos que nos falan daqueles que estiveron antes ca nós, pero sin os que non entenderiamos o que somos hoxe.

Moitas veces, o noso camiñar diario, case automático polas nosas rúas, fai que ignoremos esas pegadas, esquecidas por un ritmo de vida frenético, cheo de obrigas, que non nos deixa tempo para desfrutar deste gran tesouro que é a nosa cidade, a nosa Pontevedra.

Descubrir algunhas destas fiestras cara o pasado é a proposta deste roteiro, deténdonos nelas durante uns instantes e abríndoas para coñecer moitas daquelas historias sinaladas a través de diferentes elementos.

Recantos que fan dos seus encantos unha cita coa nosa esencia como colectivo, redescubrindo a nosa cidade e eses pequenas olladas que explican gran parte da nosa singularidade como pobo.

0.00

0 votos