Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Lonxitude: 11.700 m
Duración: 6 horas
Dificultade: media 
 
Percorrido: roteiro que parte da cidade de Pontevedra e nos leva polos camiños que percorreu o Padre Sarmiento ata Tenorio. 

Este roteiro levaranos por diversas xoias do patrimonio de Pontevedra e a súa comarca. A primeira parada será na Igrexa de Santa Margarita, co seu carballo centenario; para continuar co pazo que foi vivenda propiedade da familia Sarmiento; o castro e alto de Mourente; magníficas panorámicas; o espectacular río Lérez, as pontes de Bora e rematar no Mosteiro de Tenorio. 

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar