Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Lonxitude: 16.000 m
Duración: 8 horas
Dificultade: baixa
 
Percorrido: este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, A Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.  

Este itinerario coincide en boa medida co antigo Camiño Real que no século XVIII partía da porta medieval de Trabancas (praza da Ferrería) para unir Pontevedra con Tui e Portugal. Este vial superpúxose á vía romana número XIX do Itinerario Antonino, que era unha das principais arterias de comunicación da Galicia romana, que unía as localidades de Tui e Padrón.

De feito, en algúns tramos aínda se conserva parte do enlousado de pedra granítica que atravesa Tomeza pola beira do río, sobre á Pía da Auga e baixa por Cacheiro ate chegar á enseado do Ulló, onde sigue pola vella Ponte de San Paio. 

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar