Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Lonxitude: 2.000 m
Duración: 2 horas
Dificultade: baixa
 
Percorrido: roteiro que percorre o centro histórico de Pontevedra facendo fincapé nos lugares que foron significativos na vida do Padre Sarmiento. 

O Padre Sarmiento pasou parte da súa infancia e primeira mocidade nunha casa que se situaba no Campo da Erva (hoxe Méndez Núñez). Alí viviu cos seus pais nunha casa asoportalada antes de trasladarse ao pazo de Santa Margarida, en Mourente, construido polo seu pai. 

O percorrido polo cento histórico lévamos a coñecer parte da historia de Frei Martín Sarmiento, que estudou no Colexio da Compañía de Xesús situado entre as rúas Santa Clara (hoxe rúa Samiento) e o Borrón (hoxe rúa Serra). 

Remata o roteiro no Museo de Pontevedra, onde se gardan algúns dos escritos orixinais de Sarmiento, así como un retrato seu, un tinteiro e unha das mesas de traballo que empregou no Mosteiro de San Martín de Madrid. 

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar