Arquitectura urbana contemporanea

Lonxitude: 3.200 m
Duración: 3 horas
Dificultade: baixa

Percorrido: roteiro por edificios contemporáneos como o Ambulatorio da Virxe Peregrina e inmobles da cidade de arquitectos como De la Sota, Xosé Bar Boo, César Portela, José Basilio Bas e José Antonio Corrales ou José Taracido Fraga.

Este roteiro pretende dar a coñecer edificios de nova construcción que, ainda que día a día poidan pasar desapercibidos, teñen a súa importancia e destacan a nivel estrutural e de deseño. Faise un percorrido polos seguintes edificios contemporáneos: 

1. Ambulatorio Virxe Peregrina na rúa Mestranza. Arquitecto descoñecido.

2. Edificio de vivendas na rúa A. García Alén. César Portela e Pascuala Campos.

3. Edificio de vivendas na rúa Riestra. Alejandro de la Sota.

4. Edificio de vivendas na esquina da Oliva con Riestra. Atribuido a Emilio Salgado.

5. Edificio de vivendas na rúa García Camba. Eloy Maquieira.

6. Edificio do Instituto Nacional de Estatística na rúa Xeneral Rubín. Desiderio Pernas.

7. Bloques para Militares na rúa Xeneral Rubín. Xosé Bar Boo.

8. Grupo de vivendas en San Antoniño. J. A. Corrales e J. Basilio Bas.

9. Igrexa Virxe do Camiño na rúa Amado Carballo. Francisco Taracido.

0.00

0 votos