A Pontevedra heterodoxa

Lonxitude: 1.500 m
Duración: 2 horas
Dificultade: baixa

Percorrido: roteiro histórico que revela aspectos claves do Sexenio Revolucionario e a II República. 

Desde mediados do século XIX até 1936 varias xeracións de pontevedreses prenderon a luz do librepensamento, do laicismo, dos ideais de fraternidade e xustiza social. O Sexenio Revolucionario (1868-1874) e a II República (1931-1936) crearon as condicións para a proliferación de iniciativas (xornais, escolas, sociedades, organizacións políticas) que puxeron en marcha transformacións decisivas.

Sempre contracorrente, a memoria destes pontevedreses non sempre foi recoñecida pola Pontevedra oficial. Moitos quedaron para sempre difuminados na néboa do esquecemento. Na longa noite que comezou en xullo de 1936, sufriron en carne propia o desprezo, a persecución, o expolio, o cárcere ou o desterro.

Fica o cemiterio civil coma o rexistro de grande parte destes homes e mulleres valentes, xenerosas, solidarios, comprometidas. Tamén as rúas de Pontevedra agochan pegadas das súa vidas, dos seus soños e das súas achegas ao progreso colectivo.

Os eixos temáticos do percorrido serán os seguintes:

I. Librepensamento e laicismo en Pontevedra desde a metade do século XIX até 1936. Novas experiencias escolares relacionadas coa renovación pedagóxica, o librepensamento e o laicismo: a figura de Federico Sáiz Sánchez e a Escuela Normal de Maestros, o método Froebel, a escola laica, a Escuela Nueva de Hernán Poza Juncal...
II. O republicanismo en Pontevedra: de Indalecio Armesto a Bibiano Fernández Osorio Tafall. Presenza no goberno municipal e provincial no Sexenio Revolucionario (1868-1874) e na II República (1931-1936). 

III. Masonaría e teosofía:

  • Loxa Helénica nº 63/nº 11 (1882-1890). Indalecio Armesto, Juan J. Domínguez, Eulogio Fonseca, Diego González...
  • Grupo teosófico Marco Aurelio: Javier Pintos Fonseca
  • Loxa Helenes nº 7 (desde finais dos anos 20 e na II República): Joaquín Maquieira, Amancio Caamaño Cimadevila, Andrés Corbal Hernández, José Echeverrría, Novoa, Manuel Guillán Abalo, Josefina Maquieira Fernández, Gonzalo Martín March, Isidoro Millán Mariño, Maximiliano Pérez Prego, Basilio
  • Pintos Fonseca.
  • Pontevedreses na loxa Comuneros de Castilla de Madrid a finais do século XIX: Amalia Armesto, Antonia Aldao Sarmiento, Alfredo Rodríguez Aldao.
  • Outros destacados masóns pontevedreses: Manuel Portela Valladares, Joaquín Poza Juncal, José Juncal Berdulla, José López Varela...

IV. Imprentas e prensa: a difusión das ideas da heterodoxia e o librepensamento.

Os lugares de visita serán:

1. Alameda. Presenza da heterodoxia e do librepensamento no Concello e Deputación (1868-1874 e 1931-1936). De Indalecio Armesto a Bibiano Fernández Osorio Tafall. A familia Armesto e a masonaría: Indalecio Armesto, Amalia Armesto (muller de Federico Sáiz e nai de Víctor Said Armesto), Alfredo Rodríguez Aldao, Víctor Said Armesto.

2. Arquivo Provincial (Paseo de Colón). Casa de Eulogio Fonseca (1910). A masonaría pontevedresa. Características arquitectónicas do edificio. Sala dos masóns. Eulogio Fonseca: membro da loxa masónica Helénica, concelleiro do concello de Pontevedra, empresario (Casa de Baños da Moureira, A Toxa, aserradeiro...).

3. Colexio Froebel (praza Concepción Arenal). A renovación pedagóxica e a escola laica.

  • O pedagogo Federico Saiz, profesor da escola normal (maxisterio). A influencia da Institución Libre de Enseñanza (ILE) e do krausismo. O método Froebel (ensino intuitivo, práctico, experimentación, xardín exterior...).
  • A primeira experiencia pedagóxica segundo o método Froebel dos mestres Enrique García e Manuel Martinez : anos 80 do século XIX na Casa de Maceda ou do Barón (actual Parador de Turismo) 
  • Orixe e construción do colexio Froebel (1910-1936).

4. Casa de Javier Pintos Fonseca (rúa Charino). A sociedade teosófica Marco Aurelio. Nacemento (1875) e principios da teosofía. A teosofía e o espiritismo en Pontevedra. Fundación de Marco Aurelio (1911). Integrantes, actividade, publicacións. Javier Pintos Fonseca. Naceu en Pontevedra en 1869. Corredor de comercio, concelleiro entre 1897 e 1901. A familia Pintos Fonseca: republicanismo e galeguismo.

5. Praza do Teucro Escuela Nueva de Hernán Poza (edificio do Pazo dos Condes de San Román, entre o Teucro e Curros Enríquez). Novos métodos pedagóxicos e educación da elite local.

6. Praza de Méndez Núñez. Casa dos Muruais (casa do arco) Andrés e Jesús Muruais: tertulias e biblioteca. Republicanismo, obreirismo, cosmopolitismo...

7. Michelena. Imprenta Joaquín Poza Cobas (rúa Michelena, n 34-36 aprox). Prensa e organizacións republicanas. A familia Poza.

8. Michelena. Farmacia de Joaquín Maquieira (edificio tenda Homes). Faladoiro e enderezo postal da loxa Helenes nº 7. A figura de Joaquín Maquieira. Relación con Castelao. O Club Karepas Republicanismo e masonaría. Morte no exilio (e no esquecemento).

0.00

0 votos

Tamén che pode interesar