Novas

Todas as novas

Viaxe de coñecemento a Noia e Lousame

O prazo de inscrición remata o luns 19

A Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra organiza unha nova viaxe de coñecemento, que terá lugar o sábado 24 de outubro. Visitaranse os concellos de Noia e Lousame para coñecer instalacións como as Minas de San Fins en Lousame, a Central Hidroeléctrica de Tambre ou a vila de Noia.

As persoas interesadas deben inscribirse até o luns 19 através do correo patrimoniocultural@pontevedra.eu, ou no edificio administrativo do Concello en Michelena 30-3º (preguntar por María Xosé).

O programa é o seguinte:

  • Saída ás 9 horas de Pontevedra (parada de bus ao lado da capela de San Roque)
  • Visita guiada ás Minas de San Fins en Lousame (sb. 10 h.). Duración aproximada dunha hora e media. Visítase o Centro de Interpretación, onde hai unha exposición permanente e proxectan un documental, e a sala de compresores. Guía: Maite Sobradelo, xeógrafa.
  • Central Hidroeléctrica do Tambre, exterior e contorno (12 horas)
  • Ponte Nafonso e esteiro do Tambre (13:30 horas)
  • Xantar en Noia (14 horas)
  • Parada na alameda de Noia: concello, San Francisco, casino e instituto (16 horas)
    • Visita á Igrexa e Camposanto de Santa María a Nova (16:30 horas)
    • Paseo por Noia: praza do curro, pazos góticos urbanos, coliseo Noela, antigo concello, igrexa de San Martiño e restos da fortaleza do Tapal, praza de abastos…
    • Extra/opcional: Museo do Mar, paseo á Ponte de Traba ou á Pedrachán
  • Regreso (20:00 horas)

            O prezo por persoa é de 20 euros, xantar e desprazamento incluídos.