Esta web é un produto desenvolvido pola Navalla suíza entre entre 2013 e 2014, e foi presentada en maio de 2014.
Tecnoloxía
No proceso de creación da web só se empregou software libre.
- O servidor corre baixo Debian 6.0.7 Squeeze.
- As páxinas son servidas por un Apache 2.2.16.
- O sitio está construído co framework de PHP5 (5.3.3) phpCan, co framework de CSS cSans e cos preprocesadores styleCow e ImageCow. Todas estas ferramentas foron desenvolvidas pola Navalla suíza.
- Para o desenvolvemento da web empregouse a tecnoloxía HTML5 xunto co Framework de frontend Bootstrap.
- Tamén se empregaron as bibliotecas de Javascript Fancybox e Select2, e mais a ferramenta de php phpMailer.
- Os mapas foron creados usando o Kartograpth, un framework feito en Python para crear mapas interactivos.
- Os shapefiles necesarios para crear os mapas teñen procedencia variada, principalmente de Natural Earth, GADM e diversos shapefiles publicados polos gobernos de España e Portugal.
Deseño
O logotipo é unha creación da Navalla suíza, para o que empregamos a tipografía é Bitter e a Droid Sans, proporcionadas por Google Webs Fonts. Para os textos da web usamos tamén a Helvética Neue e Font Awesome para as iconas.
As cores que empregamos son #494D50, #61C62F, #377718, #BFEBA9, #87A688, #8a6d3b e #faebcc.