Aviso legal

Tesouros do Tempo é unha iniciativa do Concello de Pontevedra, que ten domicilio na praza de España s/n, de Pontevedra, e CIF P3603800H. 

Contido e uso

O/a usuario/a queda informado/a, e acepta, que o acceso a este web non supón, de ningún modo, o inicio dunha relación comercial co Concello de Pontevedra.

O titular do web non se identifica coas opinións vertidas neste polos seus colaboradores. O Concello de Pontevedra resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu Web, poderá cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través del como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nos seus servidores.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual do contido desta páxina web son titularidade do Concello de Pontevedra ou de terceiros que autorizaron o seu uso e, por tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos das súas páxinas web nin aínda citando as fontes, salvo consentimento por escrito do Concello de Pontevedra. Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintos de calquera clase contidos nas páxinas web do Concello de Pontevedra son propiedade dos seus donos e están protexidos por lei.

Os usuarios e usuarias que envíen contidos asumen que detentan a súa propiedade intelectual. Os contidos publicados polos usuarios e usuarias da web serán tamén, e por defecto, liberadas con licenza Creative Commons-BY. Se alguén quere facer unha excepción a esta norma, pódese poñer en contacto con Tesouros do Tempo por correo electrónico.

Se houbese materiais publicados con licenzas máis restritivas, faríase explícito para cada un deles.

Ligazóns (links)

A presenza de ligazóns (links) nas páxinas web do Concello de Pontevedra ten finalidade soamente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre eles.