Volver

Xacemento da Ponte do Couto

Xacemento medieval que ten sufrido posibles destrucións a causa de obras posteriores. Presenta algúns desprendementos dalgún dos seus sillares. No seu contorno, moi degradado, construíuse un muro de peche de granito rosa Porriño totalmente inadecuado á tipoloxía e carácter histórico do monumento.

Na actualidade esta ponte componse de dous arcos lixeiramente apuntados entre cuxas doelas destaca a central ou clave. Conserva un tallamar.

A construción que se observa actualmente responde a unha fábrica medieval e o seu interese vén dado pola súa probable orixe romana, formando parte da Vía XIX que unía Brácara con Asturicam por Lugo.

É de sinalar o achado nesta zona do miliario de Maximino e Máximo no ano 1895, con motivo da realización das obras do ferrocarril. Trátase dun cipo conmemorativo das obras de restauración de camiños e pontes realizadas en tempo de Máximo, baixo a inspección do protecto Quinto Decio, segundo a opinión de Filgueira Valverde e García Alén.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar