Volver

Subsede da Deputación Provincial

Edificio construído pola Administración central para acoller a Escola Normal, mixta, e a Escola de Artes e Oficios que nunca chegou a funcionar, hoxe subsede da Deputación Provincial de Pontevedra, na avenida de Montero Ríos.

Esta edificación, proxectada por Andrés Calvo, rematouse en 1899, logo de catro anos de traballo, e destínase inicialmente, en contra das pretensións iniciais, a sede do instituto da cidade, función que se prolonga ata a construción dunha edificación propia.

O inmoble é moi interesante, de soto, planta baixa e dous andares con fachada mesturada de ladrillo cara vista e recercados de pedra nos vans e pilastras tamén pétreas que rompen a monotonía dos panos de ladrillo. Fachadas sinxelas para a época na que foi construído, con moi poucos motivos decorativos.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar