Volver

Santa Cruz / Igrexa Vella

Xacemento situado na ladeira coa caída ao sureste cara o val do Lérez. Segundo as referencias recollidas sinálase a existencia de sartegos de granito nas ruínas da igrexa de Santa Cruz.

Os veciños sitúan o antigo cemiterio onde hoxe se ergue a Casa da Canliña; ao parecer nunha casa próxima (concretamente no nº 31, situada 110 m ao noreste do edificio que nos ocupa) erixiuse o templo parroquial en tempo inmemorial, aínda que outros veciños sitúan neste lugar a casa do cura.

A Casa da Canliña, que antano puido acoller a Casa Reitoral da parroquia, posúe unha grande finca que non puido ser prospectada ao estar cerrada. É moi posible que os achados referenciados correspondan ao antigo cemiterio que, segundo noticias, se situaría nesta casa grande.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar