Volver

Ruínas de San Domingos

Da igrexa consérvase só a cabeceira, moi interesante pois ten cinco capelas absidais. As capelas do lado do evanxeo e a maior construíronse entre os anos 1330 e 1360. As do lado da Epístola son xa de finais deste século XIV e comezos do XV.

Os arcos de acceso ás capelas son de directriz apuntada, de dobre arquivolta, a interna en groso baquetón e a exterior decorada con puntas de diamante. Moitos dos capiteis son aínda de tradición románica, decorados con personaxes e escenas ou motivos vexetais; os capiteis apóianse en columnas de tambores entregos. A planta de todas as capelas é poligonal. As bases son altas, cuadrangulares e independentes para cada columna encostada.

Nos vértices dos polígonos sitúanse unha columniñas nas que se apoian os arranques das bóvedas de abano.

Na capela maior, baixo unha imposta que tamén existe nas capelas laterais, sitúase unha arquería de arcos apuntados, dous por lado do polígono. Encima da imposta ábrense as grandes e altas ventás con parteluces, que non conservan vidreiras.

Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Roteiro que nos leva dende a casa familiar de Sarmiento ata o Museo de Pontevedra percorrendo o centro histórico da cidade.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar