Volver

Praza de Touros

A praza de Touros de Pontevedra alberga entre os seus tendidos unha grande historia. O edificio que precedeu ao coso actual era de madeira e foi construído en 1892 e inaugurado en agosto dese mesmo ano.

Ten dous pisos, o primeiro decidado a tendidos e o segundo a palcos, cunha cabida de 7.600 localidades.

É a única praza de touros de Galicia que permanece en pé. Foi inaugurada no ano 1900 e trazada polo arquitecto Siro Borrajo. Hai poucos anos a praza foi renovada e semicuberta con lona e dotárona dunha porta grande. 

Roteiro das Moureiras

Pontevedra foi durante o século XVI a poboación máis rica e populosa e Galicia, o que lle debe á enerxía dos poboadores das Moureiras, que fixeron da pesca a súa principal industria.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar