Volver

Pontes medievais de Bora

Situada en Ponte Bora, sobre o Almofrei, atopamos esta xoia medieval de cantería, dun só van e dous arcos apuntados, moitas veces reconstruída dende a Idade Media. Ademais da propia ponte, a calzada empedrada, un cruceiro e un peto de ánimas constitúen un conxunto de gran valor patrimonial, ao que hai que engadir o histórico, xa que nela se pagaba o foro de entrada a Pontevedra.

A xente do lugar asegura que o foreiro sentaba nunha pedra que perdura ata hoxe. Ademais, é denominada a Ponte dos Franceses, por ser outro dos escenarios nos que se produciu unha batalla en 1809, coma en Pontesampaio.

Era un lugar de referencia na antiga estrutura viaria exterior de Pontevedra; un importante paso entre a cidade, Terra de Montes e O Carballiño, parte da rota dos arrieiros entre o Ribeiro e a costa. Forma parte do espazo Rede Natura Río Lérez, e foi restaurada o pasado ano a causa do deterioro estrutural que amosaba, sobre todo por mor do enraizamento das árbores.

É o punto de partida dunha senda das máis descoñecidas polas tribos urbanas afeitas a pasear pola beira dos ríos, a do Almofrei. Un espazo ben suxestivo e cheo de engados, como a ponte das leiras ou o paso de Portamuíños.

 

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Sendeiro do Lérez

Percorrido duns 6 quilómetros de dificultade baixa, no que se poderá coñecer o diverso medio fluvial do tramo baixo do río Lérez, así como distintos medios forestais autóctonos.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar