Volver

Pontes do Ferrocarril

Sobre o río Verdugo, a escasa distancia da ponte histórica, podemos observar esta mostra característica da enxeñería de pontes ferroviarias con cen anos de diferenza (finais do século XIX e principios do XXI). Trátase dunha ponte metálica de dous tramos cun piar central de fábrica e estrutura en celosía que foi magínficamente versioneada co novo trazado do Eixo Atlántico.

A ponte actual foi construída en ferro e perpiaño de boa calidade perfectamente labrado e escuadrado. Destaca sobremaneira a estrutura metálica de forma trapezoidal que lle proporciona unha grande lixeireza sen perturbar o máis mínimo o contorno natural no que se empraza.

Ambas pontes son un valioso exemplo de arquitectura do ferro ten unha indubidable aparencia tecnolóxica na que o metal visto constitúe ao mesmo tempo estrutura e forma. Esta solución arquitectónica e enxeñeril foi masivamente adoptada nesta etapa histórica en virtude do seu prezo e da súa eficacia, infinitamente superior ás obras de fábrica tradicionais.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio

O inicio e final do roteiro sitúase na ponte medieval de Sampaio, de aí o seu sentido circular.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar