Volver

Ponte Nova

No outono de 2006, a crecida do caudal do Ulló destruíu tres pontes medievais e numerosos muíños centenarios en distintos lugares da parroquia de Ponte Sampaio. As tres pontes que sufriron as consecuencias da riada foron a do Pozo Negro, a dos Muíños no Vilar e a Nova ou do Arco. Logo do suceso, a Ponte Nova foi reconstruída combinando o aceiro cortén e o formigón, conservando os piares como únicos vestixios da antiga ponte.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar