Volver

Ponte do Couto

Ponte de notable interese histórico e arquitectónico. Fachada de cantería. Dous arcos de medio punto cos seus esporóns ou tallamares que dan paso ás augas do río Gafos por cadanseu van de baixa luz. Consérvase en mal estado.

No seu enclave apareceu a finais do século XIX una columna adicada a Máximo e Maximino, dous emperadores tardorromanos que promoveron melloras e reformas do trazado da vía XIX, o que pode ser indicador de que esta ponte sexa romana. 

Na actualidade a contorna deste ben está ocupada por un asentamento chabolista, o que xunto con outros factores como a colmatación do cauce do río provocou o deterioro da ponte e dificulta o acceso e visualización. O concello de Pontevedra está tramitando un proxecto para a súa conservación e mellora.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Roteiro dos Gafos

Cómpre sinalar a importancia da vexetación de ribeira que se localiza ao longo de todo o sendeiro.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar