Volver

Ponte Bora

Estrutura de cantería do século XIX, formada por dous vans con arcos rebaixados e tallamares arredondados, conforme a unha tipoloxía moi popularizada na época.

Situada no encoro de Bora, está rodeada dunha paisaxe fluvial de gran valor ambiental, sobre o río Lérez. Une as parroquias de Bora e San Andrés de Xeve.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Tenorio

Este roteiro parte do que foi a porta medieval de Santa Clara, a entrada natural dos arrieiros que viaxaban entre O Ribeiro e Pontevedra.

Sendeiro do Lérez

Percorrido duns 6 quilómetros de dificultade baixa, no que se poderá coñecer o diverso medio fluvial do tramo baixo do río Lérez, así como distintos medios forestais autóctonos.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar