Volver

Petróglifos dos Montes do Vao

Complexo de gravados rupestres formado por seis rochas con distintos motivos. Este conxunto considérase na actualidade desaparecido e incluso puidera estar destruído, en concreto pola ubicación de vivendas nos montes actuais.

Os datos que se posúen chegaron a través dos debuxos de Enrique Campo Sobrino para a Sociedad Arqueológica de Pontevedra.

  • Grupo I: Combinacións de círculos concéntricos con cazoletas e apéndices. Formas cadradas de esquinas redondeadas que se adosan e parte dun zoomorfo.
  • Grupo II: Dúas combinacións circulares e outros trazos.
  • Grupo III: Dúas combinacións circulares e outros trazos.
  • Grupo IV: Combinacións de círculos e figuras zoomorfas.
  • Grupo V: Combinacións circulares.
  • Grupo VI: Combinacións circulares con cazoletas centrais e outros trazos.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar