Volver

Petróglifos do Campo de Tiro

Existen tres grupos de gravados rupestres, integrados case exclusivamente por combinacións de círculos concéntricos e cazoletas. 

Na prospección realizada en outubro de 2009 unicamente se atopou un dos tres grupos dos que se posúen referencias. Sitúase no cume dun pequeno outeiro sobre un grande afloramento de forma alongada e sección abombada. Os gravados consisten en diversas combinacións de círculos concéntricos con cazoleta central.

Nos outeiros que delimitan os campos de tiro non foi localizado ningún dos dous grupos de gravados que foran catalogados na década de 1980.

Estes petróglifos atópanse dentro do recinto militar, polo que se dan as referencias coñecidas. No verán de 1988 foi realizada unha prospección nos campos de tiro con motivo da realización dos traballos de catalogación de xacementos en Vilaboa. Toda a zona estaba moi alterada polos traballos de ampliación.

Roteiro das Mouras

Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles... todas se dan cita neste lugar.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar