Volver

Petróglifos de O Casteliño / Monte Castelo

Xacemento localizado a 157-175 metros sobre o nivel do mar. O petróglifo non foi localizado, pero situaríase nunha rocha situada na ladeira occidental do montículo, dominando o val.

A bibliografía sinala a existencia dun penedo na ladeira occidental deste monte con representacións gravadas de combinacións circulares e cazoletas.

Os últimos traballos realizados sinalan xa a súa desaparición. A prospección realizada no lugar non permitiu a súa localización, sinalando ao respecto a importante explotación como canteira dos numerosos afloramentos graníticos que alí se atopan. Sinalar a presenza de gravados modernos (escudo de Pontevedra e outros) nas moles graníticas da cimeira.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar