Volver

Petróglifo do Pumariño

O petróglifo atópase situado ao pé dun poste do tendido eléctrico, sobre unha rocha inclinada de xisto, entre o Campo de Fútbol do Casal e os vestiarios do mesmo.

Nunha rocha esquistosa, inclinada fortemente, atópanse os gravados de dúas figuras antropomorfas armadas, posiblemente de época medieval ou posterior. Trátase de dúas figuras antropomorfas estilizadas, unha dun guerreiro armado de lanza, escudo e casco. Ambas representacións atópanse nunha masa esquistosa que serve de soporte ao tendido de alta tensión de Ence. Segundo o investigador Rafael Quintiá esta pedra tamén é coñecida co nome de Pedra de Eraclio.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar