Volver

Petróglifo do Outeiro dos Apañados

Petróglifos situados en terreo militar da Brilat. Estación situada ao oeste do complexo castrense.

Grande rocha destacada sobre o terreo, de granito de gran fino, completamente cuberta por unha ducia combinacións circulares concéntricas (cinco de grande tamaño, sete dunhas dimensións máis modestas), enlazadas entre si mediante radios de trazo longo e algunha cazoleta.

Roteiro das Mouras

Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles... todas se dan cita neste lugar.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar