Volver

Petróglifo do Outeiro da Mina 6 / Pedra do Fundamento

Localízase no sector setentrional do outeiro, a uns 35 metros ao norte dos petróglifos nº 2 e 3. Trátase dunha gran laxe plana situada a ras do chan, un antigo sendeiro transcorre polo medio.

Os motivos caracterízanse pola profusión de pequenas cazoletas e que aparecen na súa maior parte aliñadas. O petróglifo coñécese co nome de Pedra do Fundamento e parece ser que foi o primeiro gravado do que aparece publicada unha representación gráfica. 

Roteiro das Mouras

Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles... todas se dan cita neste lugar.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar