Volver

Petróglifo do Outeiro da Mina 5

Localízase no extremo sur do outeiro, a menos de 20 metros da pista que transcorre polo sector oeste da zona. Os gravados realízanse sobre un afloramento evidente e de maiores dimensións que os anteriores.

Os motivos dispóñense en toda a superficie e consisten fundamentalmente en combinacións de círculos concéntricos, algúns unidos por segmentos radiais. Nalgún caso aprovéitase a protuberancia ou resalte da rocha para executar o gravado.

Roteiro das Mouras

Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles... todas se dan cita neste lugar.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar