Volver

Petróglifo do Outeiro da Mina 2

O afloramento é pouco sobresaínte, de forma alongada en sentido norte-sur. Os gravados dispóñense lonxitudinalmente aproveitando os espazos entre as diáclases.

Os motivos consisten na súa maior parte en combinacións de círculos concéntricos coa particularidade de que algúns están formados exclusivamente por aliñacións de cazoletas.

Roteiro das Mouras

Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles... todas se dan cita neste lugar.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar