Volver

Petróglifo do Outeiro da Mina 1

A rocha sitúase na pendente leste do outeiro. Os gravados consisten en diversas combinacións de círculos concéntricos (algunhas máis complexas) e pequenas cazoletas.

O soporte caracterízase porque foi seccionado no transcurso de traballos de cantería a mediados do século XX, destruíndo parte dos gravados. Non obstante aínda se conservan fotografías e debuxos dos gravados completos.

Roteiro das Mouras

Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles... todas se dan cita neste lugar.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar