Volver

Petróglifo do Monte dos Penedos

Este petróglifo, de peculiar fasquía, está conformado por unha pía de orixe antrópica duns 30 cm de diámetro por uns 20 cm de fondo. Conta con diferentes agrupacións de coviñas moi erosionadas e outras marcas dispersas, de aparencia máis recente, que semellan realizadas con punzón de ferro. 

Os gravados atópanse sobre unha laxe de granito de gran fino de dúas micas localizada a ras de chan e semicuberta polo manto vexetal e a terra. A dita laxe está situada na faldra noroeste do monte dos Penedos, nunha zona boscosa de eucaliptos, xestas e fento.

Foi descuberto o 15 de maio de 2014 polo antropólogo Rafael Quintía. O descubrimento foi posto en coñecemento do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para a súa correcta catalogación.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar