Volver

Petróglifo do Monte do Castro

Laxe de granito a ras de chan localizada no monte do Castro. Presenta motivos de cazoletas e círculos concéntricos, algúns dos cales contan con cazoleta central.

A laxe cos petróglifos foi descuberta en maio de 2011 pola Comunidade de Montes de Salcedo grazas aos traballos de deslinde do monte que estaban a acometer.

Inspeccionada a zona por membros da Sociedade Antropolóxica Galega foron descubertas dúas pedras máis con coviñas. Os achadegos foron comunicados ao Servizo de patrimonio Cultural da Xunta de Galicia quen procedeu á súa catalogación.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar