Volver

Petróglifo de Román / O Cruceiro

Desprazado do seu lugar orixinal, este petróglifo atópase facendo parte dun muro de peche dunha finca.

De grandes dimensións e fincado no chan, lixeiramente caída cara o interior da finca. Toda a súa superficie está gravada con grande número de cazoletas, practicamente do mesmo tamaño. Polo seu aspecto parece que a zona gravada non estivo exposta ao aire, mentres que o resto da pedra presenta lixeira pátina e concrecións de líquenes.

Observouse moi próxima a esta zona importante explotación de canteira.

Camiños do Padre Sarmiento: Pontevedra - Ponte Sampaio

Este itinerario atravesa as parroquias de Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio en Pontevedra, Bértola e Figueirido no concello de Vilaboa e Arcade no concello de Soutomaior.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar