Volver

Petróglifo de Pedra Escorregadoiro

A laxe co petróglifo localízase a carón do linde das parroquias de Salcedo e Lourizán, e moi perto do penedo denominado Pedra Escorregadoira, antigo lugar de xogo dos nenos que subían o gando á montaña. 

Os petróglifos están realizados sobre un afloramento granítico de gran fino de dúas micas, o cal presentaba evidentes signos de traballo de cantería que puido facer desaparecer parte dos gravados rupestres orixinais. O motivo das gravuras é un fermoso aliñamento dobre de coviñas.

Ten unha tipografía similar á que se atopa nos pretóglifos próximos de Outeiro da Mina, sobre todo moi parecida ós gravados da coñecida como Pedra do Fundamento. Descuberto en marzo de 2012 polo antropólogo Rafael Quintía. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar