Volver

Petróglifo de Outeiro Redondo

O gravado sitúase no prelitoral pontevedrés, na zona que serve de nexo de unión entre as terras altas da Serra do Suido e os montes do Testeiro e o litoral. Concretamente localízase nunha portela situada nunha das estribacións setentrionais da Serra da Fracha.

A cruz case non se aprecia debido á erosión á que estivo sometida a rocha. Trátase dunha rocha de granito groso co gravado na zona superior. O motivo é unha cruz latina que apenas aflora á superficie, non destacando na paisaxe. É significativa por estar localizada ao lado dun túmulo. A rocha mide no eixo suroeste-noreste 2,40 metros, e no eixo norte-sur 75 cm aproximadamente e a cruz mide 22 cm x 15 cm da travesa.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar