Volver

Petróglifo de Loural

Xacemento localizado a 472 metros sobre o nivel do mar, preto dunha zona na que conflúen os concellos de Barro, Moraña, Campo Lameiro e Pontevedra. Ao seu carón pasa o río Loural, que lle dá nome ao gravado, que vai dar ao encoro do Pontillón do Castro.

O petróglifo consiste nun gravado nunha laxe a ras de chan de 2,70 metros no eixo este-oeste x 1,90 metros no eixo norte-sur, con dous círculos concéntricos e un apéndice en forma de radio prolongado que se desenvolve en sentido sur.

Desde o outeiro do Loural pódese observar o castro do Monte da Chan (parroquia de Agudelo, Barro) e dous puntos con petróglifos: os gravados do Outeiro Codeso e o Monte do Castro en Verducido, que ten na sua ladeira os petróglifos das Fontairiñas.

Roteiro do Encoro do Pontillón do Castro

Percorrido circular duns 5.400 m., de dificultade media, que ten como localidade de referencia O Gabián, localizada ao pé do Outeiro do Castro e próxima ao encoro do Pontillón do Castro.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar