Volver

Petróglifo de Fragoseiro

Pequena elevación no borde dunha dorsal. Trátase dunha pedra de 4 metros no eixo norte-sur x 1 metro de este-oeste que apenas sobresae do chan e cunha lixeira pendente cara o oeste. No seu sector setentrional atópase a figura dun zoomorfo duns 50 cm de lonxitude x 30 cm de altura.

A topografía do terreo e os numerosos afloramentos existentes nesta zona, na que ata hai poucos anos se descoñecía a localización de petróglifos, fai probable a existencia doutros gravados.

Roteiro do Encoro do Pontillón do Castro

Percorrido circular duns 5.400 m., de dificultade media, que ten como localidade de referencia O Gabián, localizada ao pé do Outeiro do Castro e próxima ao encoro do Pontillón do Castro.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar