Volver

Petróglifo de Fontairiñas II

O xacemento atópase na portela que comunica Monte Redondo e Outeiro do Castro, que forman parte da liña de cumios situada ao norte da cidade de Pontevedra. Estes montes pechan ao noroeste o val de Verducido, constituíndo a vía natural de acceso a dito val.

A rocha parece desplazada da súa posición orixinal. Ademais está rota debido a que foi aproveitada para a construción dun valo. Trátase dunha rocha exenta de granito de grano groso. O motivo é unha cazoleta algo irregular e bastante profunda, de forma algo cónica.

A rocha está rota e posiblemente movida da súa posición orixinal debido ao seu aproveitamento para a construción dun valo. O grabado sitúase na caída occidental da rocha. Nas súas proximidades hai outras con idéntico motivo. Mide no eixo norte-sur 1,70 metros e no eixo este-oeste 1,70 metros. A cazoleta ten 7 cm de diámetro.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar