Volver

Petróglifo de Fontairiñas I

O xacemento atópase na portela que comunica Monte Redondo e Outeiro do Castro, que forman parte da liña de cumios situada ao norte da cidade de Pontevedra. Estes montes pechan ao noroeste o val de Verducido, constituíndo a vía natural de acceso a dito val.

Trátase dunha rocha de granito de forma irregular e plana con gravados na zona oriental da mesma. Os motivos son dúas cazoletas. Existen outras rochas nas proximidades con idéntico motivo. Mide no eixo norte-sur 4,70 metros e 4,65 no eixo este-oeste. As cazoletas miden 4 cm de diámetro.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar