Volver

Petróglifo de Cachada do Vello

En maio de 2011 o antropólogo Rafael Quintía localizou os anacos esgazados da estación petroglífica de Cachada do Vello que, segundo as referencias bibliográficas, figuraban como desaparecidos (Véxase: García Alén, A. Peña Santos, A. Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación Barrié de la Maza. A Coruña, 1980).  

Un fragmento do petróglifo atópase entre as pedras do valado que acouta as parcelas de Cachada do Vello. Trátase dun grande bloque de granito que presenta aliñamentos de cazoletas, o que coincide co descrito no seu día por M. Martínez Murgía na súa Historia de Galicia.

Un segundo petróglifo atópase no seu emprazamento orixinal, nun afloramento granítico que foi usado de canteira. Trátase dun deseño de círculos concéntricos que aproveita a feitura cónica dunha pedra granítica que sobresae do chan un metro aproximadamente. 

A tipografía destes gravados, adscritos á Idade do Bronce, é similar á que se atopa nos petróglifos próximos de  Outeiro da Mina. O achado foi posto en coñecemento do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, quen procedeu á súa correcta catalogación.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar