Volver

Petróglifo da Laxe

Gravado situado no cume dun batólito de granito de gran groso que presenta unhas medidas de 6,20 metros x 3,4 metros x 1,20 metros de alto. O afloramento localízase no bordo noreste dunha grande cubeta natural, repoboada pola Comunidade de Montes de castiñeiro e amieiro hai uns anos, o que lle confire un amplo dominio visual sobre o contorno inmediato.

O petróglifo presenta sucos pouco profundos en forma de U. Os motivos representados son tres círculos concéntricos incompletos (o maior dun diámetro de 30 cm) con cazoleta central.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar