Volver

Pazo e finca de Bugallal

Planta en forma de U, con torre ameada e gárgolas. Xanelas rectangulares con doselete recercadas con moldura plana. Grande brasón. Capela de planta rectangular con portada alintelada e espadaña central cun único oco. Os demais ocos levan trabateles cegados nun dos brazos. Grande balconada sobre catro grandes canzorros e columniñas sostendo o telladiño.

O gran hórreo localízase sobre o muro de peche da leira, sobre Camiño Real. A torre consta de planta baixa e dous andares, rematada con ameas pentagonais as catro caras. 

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar