Volver

Pazo dos Gago e Montenegro

Situado na praza do Teucro, a súa fachada ostenta o maior escudo heráldico da vila, datado en 1716. Nel faise referencia a ocupación que tiña esta liñaxe como gardadores da porta da muralla que se situaba xunto á ponte do Burgo (poderemos apreciar unha man que sostén unhas chaves e a silueta da vella ponte). 

Unha das portas de entrada deber ser do século XVI, co seu arco rebaixado. Sobre ela consérvase outro escudo de menor tamaño que representa o mesmo motivo, aínda máis antigo que o primeiro.

Roteiro Xoan Manuel Pintos

O paseo que se propón pola Pontevedra do século XIX farase a través dos textos de Xoán Manuel Pintos e comprende dez puntos significativos co obxectivo de presentar a figura deste persoeiro, pero tamén facer un repaso polos acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX.

Roteiro Castelao

Percorrido por aqueles puntos da cidade do Lérez nos que foi máis destacada a presenza de Castelao.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar