Volver
Pazo de Santa Margarida
Antes de ser propiedade do presidente da II República, Manuel Portela Valladares, este edificio foi ocupado por José Vilar.
O pazo, situado moi preto da vila pontevedresa, dispón a súa planta formando un ángulo obtuso, con portalón cara a rúa e patio de entrada. Cara ao patio hai unha solaina sobre columnas con patíns, e dúas escaleiras pétreas exteriores de acceso ao primeiro andar.
Está formado por planta baixa e un andar, ben conservada, cuberta a dúas augas. Fóra atópase unha gran leira arborada con hórreo. Trátase dunha construción de finais do século XVIII e principios do XIX.
Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!
Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.