Volver

Pazo de Mugartegui

O precioso pazo construído durante os séculos XVII e XVIII é un exemplo característico da arquitectura urbana do barroco galego.

Actualmente restaurado como sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe dos Viños Rías Baixas, o Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias Figueroa, Araúxo, Miranda e Quirós e, coroando a construcción, un magnífico exemplar de reloxo de sol.

Camiños do Padre Sarmiento: A Boa Vila

Roteiro que nos leva dende a casa familiar de Sarmiento ata o Museo de Pontevedra percorrendo o centro histórico da cidade.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar